Poio Cultura convoca a XXIX edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto

3 Abril 2021

Co fin de promover a escrita de textos en lingua galega, fomentar a creatividade e mellorar a cantidade e calidade do seu uso entre a mocidade, este ano celébrase a XXIX edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto.

Tanto na modalidade Relato curto ou poesía, a Concellería de Cultura e Educación (Poio Cultura) convida a toda a veciñanza a participar, estando xa aberto o prazo de entrega ata o martes 20 de abril, ás 14.00 horas.

A entrega de premios realizarase no transcurso do acto que se celebrará o día 17 de maio de 2021, ás 17:30 horas, no salón de actos do Centro Cultural Xaime Illa Couto (Raxó).

+info e bases en concellopoio.gal

Está pasando!