Tradición, música y actividades para todos los públicos protagonizan el programa de las fiestas de la Virxe do Porto en Marín

31 Agosto 2026

Las celebraciones de la patrona tendrán lugar los días 6, 7, 8 y 12 de septiembre con propuestas como el acto de los Premios Faciendo Historia, espectáculos, música, la tradicional procesión y el Memorial Padre Mariño & Antonio Fernández


El Concello de Marín ten xa preparado o programa das Festas da Virxe do Porto, unha celebración tradicional que volverá reunir a veciñanza e visitantes en honra da patroa de Marín durante os primeiros días de setembro.

As actividades comezarán o domingo 6 de setembro, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos do Concello, co acto de entrega dos Premios Facendo Historia, que contará coa participación do Coro Lembranzas, e que serán entregados á Organización de Produtores de Pesca de Marín (OPROMAR), a Bolymar, a Estrela de Marín, ao Museo do Mar e con mención especial ao Ballet de Galicia.

Pola tarde, ás 19.30 horas, o Auditorio acollerá o espectáculo de circo familiar ‘Sen Patrón’, de Pista Catro, unha actividade incluída no Ciclo Teatro Galego impulsado polo Concello e cofinanciado a través da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia da AGADIC.

O luns 7 de setembro, véspera da festividade, a programación trasladarase ao Templo Novo, onde ás 19.30 horas terá lugar o Rosario coa Novena á Virxe do Porto, seguido da misa cantada con Antonio Barros.

Ás 20.30 horas, o Auditorio acollerá o concerto da Banda de Música de Marín con Mago Noel e, ás 22.00 horas, a música continuará na Praza de España coa actuación de América de Vigo.

O día grande será o martes 8 de setembro, festividade da Virxe do Porto. A xornada comezará ás 11.00 horas co tradicional pasarrúas de Os de Marín polas rúas da vila. Ás 12.00 horas celebrarase a misa e procesión, acompañada pola Coral Lembranzas, Airiños de San Xulián e a Unidade de Música da Escola Naval Militar.

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, a Alameda acollerá o espectáculo musical ‘A historia da verbena’, coa Orquestra La Oca Band, poñendo o punto musical á xornada festiva.

As celebracións pecharanse o sábado 12 de setembro, ás 19.30 horas, no Auditorio, coa celebración do Memorial Padre Mariño & Antonio Fernández, organizado pola AC Os Chaneiros, e que contará coa participación de Trompos os Pes e Anxo Lorenzo.

Está pasando!