O Apalpador, o seu burro Río Lor, e o acordeonista Servando Barreiro levarán a ledicia e a conciencia medioambiental a 46 concellos da provincia

18 Decembro 2021

O Apalpador, o seu burro Río Lor, e o acordeonista Servando Barreiro percorrerán este ano 46 concellos de todas as comarcas da provincia da man da Deputación de Pontevedra para dar a coñecer a tradición galega do Nadal ás nenas e nenos.

Dentro da programación ‘Nadal en galego’ do Servizo de Lingua, por sétimo ano consecutivo, farán desfiles e títeres que arrincarán sorrisos da cativada con música, baile e anécdotas, promovendo valores como a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable.

Será dende o 20 de decembro ao 4 de xaneiro en horarios de mañá e tarde.

Consulta que día será o espectáculo no teu concello e achégate!

Programación 2021

Luns 20 de decembro

  • 17:00 h Pontecesures
  • 19:00 h Valga

Martes 21 de decembro

  • 17:00 h Dozón
  • 19:00 h Agolada

Mércores 22 de decembro

  • 11:00 h Salvaterra do Miño
  • 13:00 h Salceda de Caselas
  • 17:00 h O Porriño

Xoves 23 de decembro

  • 11:00 h Marín
  • 13:00 h Bueu
  • 17:00 h Cangas
  • 19:00 h Moaña

Venres 24 de decembro

  • 17:00 h Barro
  • 19:00 h Portas

Sábado 25 de decembro

  • 12:00 h Gondomar
  • 17:00 h Nigrán
  • 19:00 h Baiona

Domingo 26 de decembro

  • 11:00 h A Cañiza
  • 13:00 h Covelo
  • 17:00 h Fornelo de Montes
  • 19:00 h A Lama

Luns 27 de decembro

  • 11:00 h A Estrada
  • 13:00 h Cuntis
  • 17:00 h Catoira
  • 19:00 h Ribadumia

Martes 28 de decembro

  • 11:00 h Forcarei
  • 13:00 h Silleda
  • 17:00 h Vila de Cruces

Mércores 29 de decembro

  • 11:00 h Poio
  • 13:00 h Meis
  • 17:00 h Meaño
  • 19:00 h Sanxenxo

Xoves 30 de decembro

  • 11:00 h As Neves
  • 13:00 h Ponteareas
  • 17:00 h Mondariz
  • 19:00 h Mondariz-Balneario

Venres 31 de decembro

  • 11:00 h Oia
  • 13:00 h A Guarda
  • 17:00 h Tomiño
  • 19:00 h Tui

Luns 3 de xaneiro

  • 11:00 h Campolameiro
  • 13:00 h Cerdedo-Cotobade
  • 19:00 h Pazos de Borbén

Martes 4 de xaneiro

  • 11:00 h O Grove
  • 13:00 h Cambados
  • 17:00 h A Illa
  • 19:00 h Vilagarcía

NOTA: Co fin de cumprir de maneira rigorosa o protocolo COVID o espectáculo será dinámico e en movemento, evitando aglomeracións de persoas en espazos concretos.

‘Nadal en galego’ é un programa concibido para vincular o Nadal coa tradición, recuperando unha figura que forma parte dos trazos identitarios galegos, para que as nenas e nenos poidan familiarizarse con esta figura mítica galega e coñecer a súa historia. Orixinalmente O Apalpador representábase como un carboeiro de barba vermella e, segundo a tradición, baixaba ás vilas desde as montañas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das e dos nenos para ver se comeran suficiente durante o ano e deixáballes a cambio agasallos e castañas, ao tempo que lles desexaba un novo ano cheo de felicidade e comida.

Está pasando!