”Ay, Carmela!’ | © marcosGpunto

O Auditorio Afundación de Pontrevedra acollerá a obra ‘¡Ay, Carmela!’, protagonizada por María Adánez e Pepón Nieto

20 Novembro 2022

Enmarcada na Tempada de Teatro de Afundación Pontevedra, a Obra Social de Abanca trae o mercores 30 de novembro ao Auditorio Sede Afundación de Pontevedra a obra ‘¡Ay, Carmela!’, de José Sanchís Sinisterra, protagonizada por María Adánez e Pepón Nieto.

«Unha obra en que a soidade, o medo e a inxustiza van da man da saudade, a complicidade, o amor e a memoria»

1 h 40 min | Castelán | TP

Carmela volve unha e outra vez. Volve o seu recordo contra o esquecemento. Evocámola para que o seu espírito non se perda no cómodo mundo da indiferenza. Volve para alertarnos, berrarnos coa súa presenza de que o ovo da serpe se está a crebar.

O noso soño dun mundo de tolerancia, comprensión, permisividade cara ao diverso, de igualdade, solidariedade, xustiza social vai rachando e, pola contra, o mundo fascista de intransixencia, teimosía, obstinación avanza incomprensiblemente.

Carmela é a nosa memoria e a nosa culpa.

  • Dramaturxia e dirección: Juan Carlos Plaza
  • Elenco: María Adánez, Pepón Nieto
  • Produción: Faraute Compañía Miguel Narros e Pentación

Entradas anticipadas e abonos á venda en Ataquilla.com

Esta tempada enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa lanzado por Afundación Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obsectivo de contribuir a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Afundación convida a todas as persoas que asistan ás funcións a colaborar con esta campaña solidaria, doando productos non perecedoiros que poderán depositar na entrada do teatro.

Descarga aquí o folleto programación Tempada Abono Teatro Afundación Pontevedra Setembro-Decembro 2022.

Está pasando!