Convocada a terceira edición do Concurso de Decoración de Nadal en Marín

24 Novembro 2022

O Concello de Marín convoca a terceira edición do Concurso de Decoración de Nadal, co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila, facendo cómplices a comerciantes, hostalería e veciñanza da imaxe de Marín.

Mediante este concurso preténdese promover a creatividade que durante o Nadal na vila marinense, se potencie o ambiente de Nadal, así como fomentar o aspecto artístico e o carácter tradicional.

Para promover o interese e a participación, e para un maior realce do concurso, o Concello concederá premios económicos aos participantes que resulten gañadores, segundo os criterios de valoración e puntuación que se determinan nestas bases.

  • Prazo de inscrición: ata o 10 de decembro, a través da sede electrónica do Concello ou do Rexistro
  • Categorías: comercio, hostalaría e vivendas e comunidades de veciños
  • A decoración terá que estar exposta entre o 10 de decembro e o 6 de xaneiro
  • Premios: de 300 euros para os primeiros, 200 euros para os segundos e un sorteo de 100 euros entre os participantes
  • Os decorados deberán ter temática navideña e ser orixinais, usando boa iluminación (sempre de tecnoloxía LED)
Está pasando!