‘100 Voltas’ | © DYOD

Verónica Codesal abre esta noite o Verán Cultural 2023 de Salvaterra de Miño

28 Xullo 2023

A artista galega presentará por primeira vez en Galicia o seu novo disco “100 Voltas” e será o 28 de xullo ás 22:30 horas no recinto amurallado con entrada gratuíta


Faltan tan só unhas horas para que Salvaterra inaugure o seu Verán Cultural 2023 e a persoa encargada de abrir a programación cultural será Verónica Codesal.

A integrante do grupo Ialma, ven acompañada dos músicos Didier Laloy co acordeón diatónico, Damien Chierici ao violín e Boris Tchango coa percusión e batería. Xuntos presentan o novo disco “100 Voltas” e será a primeira vez que soará en Galicia.



O sábado 29 de xullo será o turno dun dos grandes artistas galegos recoñecido a nivel internacional e que recibiu a Medalla de Ouro de Galicia esta semana.

Carlos Núñez chega a Salvaterra de Miño coa xira “Lugares Máxicos”.



VERÁN CULTURAL 2023

Un dos grandes atractivos culturais do Concello de Salvaterra de Miño é o Verán Cultural non só para os seus veciños e veciñas senón para moita xente doutros concellos que se achega cada ano para desfrutar da súa programación.

Como pioneiros nesta axenda cultural que é renovada cada ano e conscientes da importancia que ten para Salvaterra de Miño, nesta edición amplíase o tempo de duración con eventos imprescindibles que comezarán o 28 de xullo e que continuarán ata o 27 de agosto.

Trátase dun gran esforzo por parte do Concello de Salvaterra de Miño para ofrecer actividades culturais tanto para maiores como para os máis pequenos.

Nesta edición, ademais dos concertos de grandes artistas e grupos como Verónica Codesal o 28 de xullo, Carlos Núñez o 29 de xullo, A Roda e Lucky Duckies o 25 de agosto, Son de Seu Fanfarria Taquicardia o 26 de agosto e O Fiadeiro, La Sombra de Justine e La Patrulla o 27 de agosto.

Outra parte importante da programación serán eventos recoñecidos: O Mundo a Danzar o 31 de xullo, O Son da Muralla o 5 de agosto, Imos de Guateque o 12 de agosto e os días 25, 26 e 27 de agosto a Festa do Viño que serán eixe principal das actividades do Verán Cultural.

Os concertos complétanse con outras actividades nas que destacan as infantís onde os cativos teñen un papel protagonista.


Está pasando!