Baile da Danza de Espadas 2023 | © Concello de Marín

Marín celebrará o San Miguel e a súa Danza de Espadas esta fin de semana

26 Setembro 2024

Esta fin de semana será moi especial en Marín, xa que, como todos os anos, celebran unha das súas tradicións máis relevantes, o San Miguel e a súa Danza de Espadas, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

A Danza de Espadas é unha festa na honra de San Miguel, que cada ano trae numerosos visitantes de toda Galicia a gozar das actividades que se teñen programadas ese día. O que máis chama a atención dos visitantes é o habitual evento de danza no que se demostran os bailes típicos do lugar, que provoca que o público aumente considerablemente co paso dos anos.

Esta é unha festa moi antiga, celébrase desde o ano 1639 e comeza como devoción a San Miguel.

Este evento une as actividades de Marín, por unha banda as relacionadas co mar, como pode ser a pesca, e por outra a danza, que tamén forma parte da tradición do lugar.


Procesión da Danza de Espadas 2023 | © Concello de Marín

A programación do San Miguel 2024 é a seguinte:

VENRES 27 SETEMBRO

  • 20.30h. Concerto da Banda de Música de Marín. Alameda Rosalía de Castro.
  • 21.30h. Concerto do grupo Blue Merrow. Alameda. Alameda Rosalía de Castro.

SÁBADO 28 SETEMBRO

  • 18.00 h. XXV Milla Urbana de San Miguel. Avenida de Ourense.

DOMINGO 29 SETEMBRO

  • 11.00h. Acto Solemne do Padroado de San Miguel, coa entrega das distincións de Cofrades de Honra, a imposición das Espadas de Ouro e Prata e o nomeamento de novos/as Cofrades Numerarios. Salón de Plenos do Concello
  • 12.00h. Misa Solemne en honra do patrón San Miguel. Templo Novo.
  • 12.45h. Procesión e baile da Danza das Espadas. Rúas de Marín, ata o Templo Vello
  • 13.45h. Queima de Madamitas. Praza de España
  • 14.00h. Ofrenda floral. Praza do Reloxo
  • 18.30h. Baile da Danza de Espadas. Inmediacións da Alameda Rosalía de Castro
  • 19.00h. Actuación musical. Palco da Música da Alameda.

Está pasando!