A Guarda organiza “Baños de natureza” no Monte Santa Trega

29 Xuño 2023

O Concello da Guarda continúa no mes de xullo coas actividades enmarcadas na terceira edición do ciclo “Sostendo o Futuro”, realizadas coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna.

O vindeiro domingo día 9 de xullo realizarase a actividade “Baños de Natureza” no Monte Santa Trega, unha estancia no bosque para coñecer e profundizar na nosa conexión coa natureza con axuda dos 5 sentidos.

Experimentar o equilibrio e benestar co que nos agasalla o canto dun paxaro ou a suavidade do vento. Exercicios que estimulan os sentidos mentres facemos o camiño, así como coñecementos sobre plantas e árbores e da natureza en xeral.

As inscricións están abertas no 986 61 00 00 ou en medioambiente@aguarda.es.



Esta actividade terá lugar ás 10:00 horas con saída dende a Casa Forestal do Monte Santa Trega e cunha duración aproximada de entre 1,5 e 2 horas.

Actividade pensada para adultos e crianzas cun cupo máximo por grupo de 18 persoas.

Tamén en xullo, o día 21, realizarase na Xunqueira de Salcidos a actividade “Bolboretas nocturnas”, unha actividade cunha duración aproximada de entre tres e catro horas que arrancará ás 21:15h.

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda convídase a toda a cidadanía a participar nestas actividades programadas baixo a terceira edición de “Sostendo o futuro”.

Está pasando!