A Mesa Local de Comercio, acorda celebrar a I Edición do ‘Marín Black Weekend’

18 Outubro 2022

A Mesa Local de Comercio, na súa sesión extraordinaria, que tivo lugar onte, luns 17 de outubro, baixo a presidencia da Alcaldesa do Concello de Marín Dª María Ramallo Vázquez, acordou informar favorablemente sobre a celebración da Feira de Oportunidades ‘Marín Black Weekend’ que terá lugar os días 25, 26 e 27 de novembro, coincidindo cunhas datas nas que comercialmente, se aplican descontos e promocións, motivadas polo ‘Black Friday’ e o ‘Ciber Monday’.

A situación actual do mercado (inflación, crise enerxética, subida de materias primas…) provocou un retraemento no consumo que deu lugar á acumulación de stocks nos establecementos comerciais. Por este motivo, atendendo á demanda dos comerciantes, o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín propuxo a celebración desta feira de oportunidades, que ademáis se complementaría coa posta en marcha dunha das atraccións máis características da tempada de nadal, como é o “Carrusel Infantil”.

Nesta edición, participarán 16 comerciantes da vila marinense, xa que é o espazo dispoñible na carpa que instalará o Concello na alameda, e que se utilizará posteriormente, con motivo das actividades infantís do Nadal. Estarán representados diferentes sectores, que ofrecerán descontos significativos nos seus productos.

Ademáis na Mesa Local de Comercio, informouse favorablemente sobre o proxecto de dinamización comercial que a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, vén de presentar á Xunta de Galicia, ao abeiro da orde de subvencións para o impulso da Rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización das prazas de abastos.

Está pasando!