A Omix da Guarda organiza en abril un obradoiro de escritura creativa

30 Marzo 2021

A OMIX do Concello da Guarda en colaboración con Atlántica librería, organiza un obradoiro de Escritura Creativa, da man de c e, entre outras cousas, creador, coordinador e profesor do Obradoiro de Novela Cidade da Cultura ou Taller Casa Blackie de Novela.

A proposta, impartida polo autor experto en narrativa Javier Peña, que ten amosada a súa capacidade coa publicación dunha novela de éxito, propón un obradoiro estruturado en consellos claros e directos para mellorar na escritura dunha novela, neste caso 10 consellos para escribir unha novela.

Nos obradoiros impartidos anteriormente polo autor esgotáronse tódalas prazas obtendo as persoas participantes un índice de satisfacción ao remate dos mesmos moi positivos.

As persoas participantes recibirán ademais un agasallo de parte da librería organizadora e  tamén obterán un desconto durante a xornada do taller, para a adquisición de libros.

A actividade realizarase o día 24 de abril pola mañá de 10:00 a 13:00 horas e contan con prazas limitadas.

As persoas interesadas terán que chamar á OMIX ao 986 610 000 ext. 7 ou escribir un mail a informacion@aguarda.es para inscribirse ou recibir información.


Está pasando!