As actividades de Espírito Montuno regresan este setembro

8 Setembro 2021

Até oito actividades serán desenvoltas este setembro baixo o paraugas do Espírito Montuno, nos parques forestais da Fracha, a Tomba e o Pontillón do Castro.

Todas requiren dunha inscrición previa —xa aberta— a través do formulario dixital correspondente. Como é habitual, as solicitudes serán atentidas en rigorosa orde de chegada na seguinte ligazón: https://apuntate.pontevedra.gal/montes/

As oito actividades están divididas en tres seccións ou áreas, baixo os epígrafes de actividades infantís, familiares e de adultos. A continuación poden ser consultadas:

Se son contadas as xa celebradas ao longo dos meses pasados —16 unidades— máis as que se van realizar —8 uds—, farían un total de 24 actividades as acontecidas dentro do marco do Espírito Montuno. Cómpre lembrar que as actividades aquí expostas foran adiadas por mor do mal tempo.

No caso de precisardes máis información, na páxina oficial de inscrición é posíbel premer en cada unha das actividades para coñecer máis sobre a súa realización.

Está pasando!