As VII Xornadas sobre Antropoloxía poñen o foco nos mitos e na relixión

14 Decembro 2023

  • A Sociedade Antropolóxica Galega pon en marcha este venres un ciclo de conferencias en colaboración co Concello de Pontevedra no Centro Social do Gorgullón
  • Entre os poñentes figuran Manuel Santos, Felipe Senén, Ana Durán, José Luís Cardero, Ana Filgueira, Rosa Braña e Rafa Quintía

O Concello de Pontevedra colabora na posta en marcha das VII Xornadas de Antropoloxía organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), que este 2023 chegan co título ‘Mito e Relixión’.

As diferentes conferencias que forman parte da programación proposta pola SAGA terán lugar no Centro Social do Gorgullón entre o 15 e o 16 de decembro.

A entrada é de balde e non precisa de inscrición previa.



O calendario de actividades é o seguinte:

Venres, 15 de decembro

  • 18.30h – Apertura das xornadas
  • 18.45h – Conferencia de Manuel Santos Estévez, co título: Deuses e paisaxe mítica na arte
    ruprestre protohistórica
  • 19.45h – Conferencia de Felipe Senén López, co título: Celtismo e cultura na tradición galega: o
    mito do Graal
  • 20.45h – Mesa redonda cos poñentes

Sábado, 16 de decembro

  • 10.30h – Apertura da segunda sesión
  • 10.45h – Presentación do novo número de ‘Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza’, con Ana Durán Penabad e coa participación do antropólogo José Luis Cardero, presentando o traballo ‘Os ollos da deusa’
  • 12.00h – Conferencia de Ana Filgueira, co título: A conversión das fadas. Santuarios femininos tutelares
  • 13.00h – Mesa redonda cos poñentes
  • 18.45h – Conferencia de Rosa Brañas, co título: A relixión dos galaicos na Antigüidade
  • 19.45h – Conferencia de Rafael Quintía, co título: A relixiosidade popular en Galicia
  • 20.45h – Mesa redonda cos poñentes
  • 21.00h – Clausura das xornada

Está pasando!