Chegan boas novas desde alta mar. Este verán trae consigo o regreso dun gran festival á cidade de Vigo

9 Agosto 2022

O festival Latitudes, que forma parte da programación musical do Xacobeo 21-22, conta cun cartel de artistas de talla internacional e talento galego de primeiro nivel: Iggy Pop, Two Door Cinema Club, The Vaccines, Mando Diao, Bala, Aphonnic, Zålomon Grass e Furious Monkey House.

Dous días da mellor música nun recinto no corazón da urbe: o Peirao de Transatlánticos de Vigo, os días 19 e 20 de agosto.

As actuacións das bandas seguirán a seguinte programación por días:

Venres 19

  • Two Door Cinema Club
  • Mando Diao
  • Bala
  • Zålomon Grass

Sábado 20

  • Iggy Pop
  • The Vaccines
  • Aphonnic
  • Furious Monkey House

Abonos para os dous días de festival e entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com


Está pasando!