De festa en festa

Contos e tradicións de diferentes puntos da península ibérica

Autores: Ramón Veiga e Sr. Reny

Editorial: Edicións do Cumio

Idioma: Galego

Número de páxinas: 48

Materia: infantil de 7 a 9 anos

Un manual para todo tipo de persoas con ganas de festa, ‘De festa en festa’ lévanos de viaxe por toda a península facendo paradas nos seus festexos máis curiosos e coñecidos.

Este libro de gran formato leva tamén unha historia en cada festa que Ramón D. Veiga preparou para a ocasión. Desde a noite vella na famosa Porta do Sol ata a Vijanera de Cantabria, pasando pola Feria de abril ou os Mayos de Murcia. Un libro para consultar, aprender e gozar en familia.

Non esperes a que chegue o verán para celebrar, este álbum a cabalo entre o divulgativo e a ficción trae a esencia das verbenas nas catro estacións. 

Ramón D. Veiga enlaza con mestría contos e tradicións de diferentes puntos da península ibérica acompañado do vibrante traballo do ilustrador Sr Reny.

Está pasando!