Descobre Pontevedra a través dunha visita guiada oficial polos lugares máis emblemáticos da capital das Rías Baixas

27 Marzo 2021

Goza coñecendo de forma diferente a cidade de Pontevedra. Pasea polas súas rúas e prazas, goza das súas tendas e comercios, empápate do ambiente e a vida local, saborea a súa gastronomía…

Ademais, a situación xeográfica de Pontevedra, capital da provincia e das Rías Baixas, é absolutamente privilexiada, comunicada cos principais núcleos urbanos galegos e peninsulares.

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.

Hai que destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais monumentos da cidade, como as Ruínas de Santo Domingo, o Santuario da Virxe Peregrina, a igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.

Do 31 de marzo ao 4 de abril

Saídas ás 11:30 e ás 17:30h. (domingo 4 de abril só pola mañá, ás 11:30h.)⁣. Grupos reducidos⁣.

  • Tarifa normal: 5,00 €⁣
  • Tarifa reducida: 3,00 € (parados, xubilados, estudiantes, pontevedreses…)⁣
  • De balde ata os 12 anos

Encuentro no punto de información turística do Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n.

Información e reservas chamando ao teléfono 986 090 890⁣ ou en reservas.visit-pontevedra.com

Está pasando!