Carnaval de Verán 2026 en Bueu

sáb22ago17:00Carnaval de Verán 2026 en BueuConcello de Bueu e Hostalaría Banda do Río17:00 Banda do Río Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O Concello de Bueu e a hostalaría da Banda do Río organizan este sábado 22 de agosto o Carnaval de Verán, que se celebrará no aparcadoiro da zona e que incluirá diversas actuacións musicais, como DJs e outras actividades para todos os públicos, incluída a rapazada.

A xornada comeza ás 17:00 horas coa sesión vermú de DJ Gramola, e continúa ás 18:30 horas cunha festa infantil para nenos e nenas na que haberá música e diversión, e na que a hostalaría da zona organizará unha merenda.

As actuacións musicais con DJs abranguerán todas as épocas, dende os anos 80, 90 e 2000 ata a máis actual. Así, as persoas asistentes poderán gozar de DJ Gramola pola tarde, DJ Michi (22:00 horas), DJ Alexg (23:30 horas) e Dj Rubén Díaz (01:00 horas).

O Carnaval de Verán ten unha gran tradición na vila bueuesa e dende o Concello de Bueu prégase civismo por parte da poboación. Ademais, o consistorio fará un reforzo con contedores polo paseo e o areal e un baldeo especial ao día seguinte na zona do aparcadoiro.

Precisamente, neste aparcadoiro estará prohibido o estacionamento de vehículos dende o sábado ás 11:00 horas ata o domingo á mesma hora.

Dende o Concello de Bueu faise un agradecemento á hostalaría da zona “pola colaboración neste Carnaval que supón o peche do verán, e tamén porque sempre están pensando en actividades para dinamizar o barrio”.

Hora

(Sábado) 17:00

Localización

Banda do Río Bueu

Está pasando!