El Barrio anuncia nova data na súa xira ‘Atemporal’ e confirma a súa presenza no Auditorio Mar de Vigo en febreiro de 2024

13 Novembro 2023

  • O artista estará en directo no Auditorio Mar de Vigo o 16 de febreiro presentando o seu novo traballo, ‘Atemporal’, no que realiza unha regresión a antigos discos, con connotacións de nostalxia mantendo o aceno “barriero”
  • As entradas poden adquirirse a través de www.teuticket.com

Tras o gran éxito de acollida por parte do público da xira ‘Atemporal’ e despois de colgar o cartel de sold out en varias datas do circuíto El Barrio anuncia unha nova data no Auditorio Mar de Vigo en febreiro de 2024.

Un dos artistas máis relevantes do panorama musical, estará o vindeiro 16 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo para presentar en directo o seu novo álbum de estudo ‘Atemporal’, un disco que en palabras do propio artista “é unha pasaxe sobre o que para min será atemporal, volver ao meu pasado e traer retales de antigos discos”.

‘Atemporal’ é un traballo que reflicte o carácter indomable de El Barrio, cuxa forma de sentir nunca pertenceu a ningún estilo, nin se deixou influenciar polas modas. O seu inconfundible selo conserva o aire flamenco que se impuxo en 1996 e trae os sons do rock andaluz que tanto achegaron á súa terra. El Barrio volve, e a súa música atemporal quedará para a eternidade. A nostalxia na súa máis pura esencia.

As entradas poden adquirirse a través de www.teuticket.com.

Está pasando!