Casa do Concello de Salvaterra | © Concello de Salvaterra de Miño

Salvaterra prepara unha noite con moito estilo e converte a Praza do Concello nunha pasarela de moda

13 Agosto 2024

O Concello de Salvaterra de Miño organiza dentro do Verán Cultural 2024 o I Desfile de Moda con participación de asociacións, emprendedor@s e deseñador@s


O mércores 14 de agosto a partir das 21:00 horas na Praza do Concello de Salvaterra daranse cita artistas e creadores que desenvolven o seu traballo no Concello ou teñen relación con él. Un primeiro desfile que busca promocionar todo o talento, que é moito, e expoñelo para todos os veciños e veciñas dentro do Verán Cultural 2024.

As Xoaniñas da Retoral, Manos Creadoras, Pequenanos, Qué Pelusilla, o Grupo de Labores de Fiolledo, Mar Jewelrin e as deseñadoras Lucía González, Laura Araújo e Uxía Loureiro presentarán as súas creaciones e coleccións para todo o público. Ademais exporán os seus productos e deseños para que calquera poda achegarse a velos.


Está pasando!