John Balan durante a súa estancia en Estados Unidos | © Arquivo Diario de Pontevedra

This is a repeating event

12º Festival 'Son de Marín'

xov01agoConsultar12º Festival 'Son de Marín'1, 2 e 3 de agosto de 2024(Consultar: xoves) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

A programación do evento musical de ADN marinense arrancará o xoves, 1 de agosto, a partir das 19.00 horas coa tradicional ofrenda floral no Cemiterio de Santo Tomé de Piñeiro na memoria de John Balan, acompañado polo grupo Os de Marín.

Balan foi e sempre será unha figura relevante da historia musical marinense e o seu legado trátase de preservar con momentos de recuperación da súa memoria, como sempre fixo o ‘Son de Marín’.


Presentación do 12º Festival ‘Son de Marín’ | © Concello de Marín

Xa o venres, a programación comezará ás 21.30 horas co concerto ‘Marín Canta’, dos Saljariter@s, na Alameda. Neste caso, a mención especial que quere facer o grupo de cantos de taberna vai dirixida a Amijos e Vesiños de Cantodarea “pola súa traxectorial na promoción cultural do noso Concello”, tal e como explicaron na presentación.

Finalmente o sábado 3 contará cunha extensa programación de música por todas as rúas e prazas e a tradicional homenaxe a John Balan. Durante toda a xornada, haberá actuacións en distintos puntos de Marín:

  • 11.00 h. Comezarán os pasarrúas con Cantareir@s de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército y Marina – Rúa do Sol), cos Zumby Kids (Praza de Abastos – Praza do Klee – Rúa do Sol – Alameda), Os de Marín (Praza de Abastos – Doutor Touriño – Ejército y Marina – Rúa do Sol), Os Chaneiros (Ezequiel Massoni – Jaime Janer) e a Batucada Axé Bahía (A Cañota – Cantodarea – Avenida de Ourense).

  • 11.00 h: Pandereteiras Airiños de San Xulián – Banda do Río (Underground)
  • 12.00 h:

    • Fentos e Frouma – Avenida de Ourense (C.C. Morrazo)
    • Banda de Música de Marín – Fondo do Saco
    • As Ferriñas – Rúa Lameira (Cortijo)
    • Marín In Verso – Praza da Veiguiña
    • Take Three – Palco da Música da Alameda
    • Escola Pandereteira de Trompos Os Pés – Rúa Lameira (Cortijo)
    • Coral Lembranzas e Antonio Peixoto e a súa armónica – Praza 8 de Marzo

  • 20.30 h: Homenaxe a John Balan. Presentado por Julio Santos Pena e coa mención especial a Airiños de San Xulián e a Os Chaneiros – Alameda
  • 21.00 h: Bela e Charlo versións – Méndez Núñez (Manhattan – Pato Donald)
  • 21.30 h: Orquestra Cé Pantasma – Alameda Rosalía de Castro
  • 22.00 h: Sr. Nilsson Band versións – Ez. Massoni (O Rural – Nao)
  • 22.30 h:

    • Four Passengers – Estrada (Rincón de Juansito)
    • Ricardo Parada versións – Méndez Núñez (detrás do Concello)
    • Cuestión de tiempo versións – Rúa Real

  • 00.30 h: DJ Jorge Álvarez – Alameda


Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!