Concerto da Real Filharmonía de Galicia en Vigo

mér02dec20:00Concerto da Real Filharmonía de Galicia en VigoTempada de Abonos Clásica 202620:00 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

A Real Filharmonía de Galicia volve ao Teatro Afundación de Vigo o mércores 2 de decembro, con motivo da Tempada de Abonos Clásica 2026, con repertorio de Mozart, Bach e Boccherini.

‘Recordando os clásicos’

Wolfgang Amadeus Mozart
Sinfonía núm. 1 en Mi bemol maior, KV. 16

Johann Sebastian Bach
Concerto para violín en Sol menor (reconstrución)

Luigi Boccherini
Concerto para violoncello en Re maior (con violoncello da spalla)

Wolfgang Amadeus Mozart
Sinfonía núm. 41 en Do maior, KV. 551

Este programa revisita, cun enfoque historicista, obras do canon sinfónico, con Sergey Malov como director e intérprete de violoncello da spalla, unha sorte de instrumento máis pequeno, de son diáfano e hipnótico, do que é un gran virtuoso.

Mozart, tamén xenio precoz, compuxo a súa Sinfonía núm. 1 con só oito anos como exercicio de aprendizaxe.

O Concerto para violín en Sol menor de Bach chega a nós despois dun labor detectivesco de recuperación. O seu segundo movemento gravita sobre unha das melodías máis inspiradas do autor, que volve utilizar na Cantata 156.

O programa complétase co Concerto para violoncello en Re maior de Boccherini, cheo de vitalidade e lirismo.

Pecha a Sinfonía núm. 41 «Júpiter» de Mozart, escrita nunha etapa de máxima complexidade creativa e de enorme esixencia técnica. Se Mozart chegou a escoitala ou non, continúa sendo un misterio.

Duración aprox. 1 h 40 min (con pausa).

Entradas anticipadas á venda dende 13,30 euros en Ataquilla.com

Hora

(Mércores) 20:00

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!