Concerto de Miss Caffeína en Vigo

sáb02abr21:00Concerto de Miss Caffeína en Vigo'El año del tigre'21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Miss Caffeína sae á estrada para mostrarlle ao mundo as súas garras coa presentación do seu quinto disco de estudo, ‘El año del tigre’. Nesta ocasión, os seus recursos camaleónicos adáptanse á iconografía asiática, para ofrecer un disco que combina a busca permanente de novos rexistros con aquelas composicións feitas en Missca que aumentan a súa lexión de seguidores en cada directo.

Iso si, non faltarán os grandes himnos da banda, así como temas como ‘Por si’, ‘Me voy’ ou ‘Punto Muerto’, sinxelos deste novo disco que están a ter unha acollida fabulosa.

Miss Caffeína visita o Auditorio Mar de Vigo o sábado 2 de abril de 2022 cun directo extremadamente bailable, cheo de emotivos ruxidos e con momentos que farán deste Ano Novo Chinés cheo de bos propósitos. E de concertos nos que berrar e bailar ata esvaecer.

Entradas anticipadas desde 22,50 euros á venda en teuticket.com

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!