outubro, 2022

Detalles do Evento

O venres 7 e o sábado 8 de outubro, o Grupo Cheveré porá en escena na Sala Ártika a obra ‘As Fillas Bravas de Momán’.

As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Con esta peza Chévere segue a explorar as posibilidades dun teatro con perspectiva de xénero, dando continuidade a traballos que cuestionaron a rixidez dos xéneros (Testosterona), que reivindicaron as voces silenciadas dunha forza de traballo feminina que segue levantando imperios económicos na era da globalización (Citizen), que promoveron unha lectura crítica dos valores machistas que transmiten as cancións románticas (I’ll be watching you).

Nesa liña de traballo, As Fillas Bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.



Data:

  • Venres 07 de outubro ás 20:00h
  • Sábado 08 de outubro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

  • Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión á venda en artikavigo.com
  • En taquilla: Entrada Xeral: 14€

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 minutos

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!