Ciclo Ponteatro en Pontevedra

xov08febConsultarxov18abrCiclo Ponteatro en Pontevedrafebreiro, marzo e abril de 2024(Consultar) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A nova edición do ciclo Ponteatro achegará á vila 6 espectáculos do mellor do panorama galego entre o 8 de febreiro e o 18 de abril. Terán lugar como vén sendo habitual no Teatro Principal a excepción do primeiro espectáculo, ‘Iribarne’, que por cuestións de montaxe pasará ao Pazo da Cultura.

En ‘Unha inimiga do Pobo’ o texto de Ibsen reflexiona sobre como a sociedade prioriza uns intereses sobre outros e sobre a idea de progreso, ‘As alumnas’ xa estivera pero repetimos porque nos parecía imprescindible que este ano volvera. Sabemos que hai moita xente que quere recuperala ou vela por primeira vez, e esta ten a excepción de que virá en martes, 27 de febreiro, porque era a data dispoñible, pero temos un Premio Nacional de Literatura Dramática e era imprescindíbel. E volvemos á reflexión, xa que non é teatro escpapista, xa que intenta reflexionar tanto sobre a chegarnos a María Barbeito como o retroceso que o franquismo supuxo e pensar tamén as consecuencias sociais.

Dicir que con este espectáculo recupéranse os pases concertados con escolares e que haberá matinal, nun esforzó para achegar o teatro a novos públicos.

‘O auto do Castromil’ achega de novo teatro socialmente comprometido. Eles din que é unha viaxe pola Galicia inconsciente. E nesta reflexión sobre as persoas traemos a ‘Helen Keller, a muller marabilla?’ que refleiona sobre as dificulatades que tendes as mulleres para desenvovler o que aos homes nos resulta máis doado ou incluso os silencios que impón a convención social unha vez que unha muller consigue destacar: neste caso foi extermo e chegou a haber unha campaña para eliminala da historia, defendendo que era unha persoa que non existía, que era un fake. Tamén destacar que é unha obra bilingüe que está en galego e en lingua galega de signos.

A obra de peche, ‘Brokeback Sabucedo (paixón entre bestas)‘, reformula a historia convertendo Sabucedo no escenario deste replantexamento de Brokeback Mountain, apuntando que non temos que estar mirando sempre a referentes foráneos. Fan un canto á tradición galega e ademáis hai unha crítica moi clara ao modelo eólico depredador. Aquí, facendo unha colaboración co programa Pinto e Maragota, programamos de novo función escolar matinal con institutos.

As entrada a o prezo habitual de 8 euros (4 euros para estudantes, desempregados/as e maiores de 65 anos) e os abonos para os 6 espectáculos a un prezo de 30 euros están á venda en Ataquilla.com e de non esgotarse, cada espectáculo contará unha hora antes con venda na billeteira do Teatro Principal e, no caso de Iribarne, no Pazo da Cultura.



A programación do ciclo PONTEATRO 2024 é a seguinte:

XOVES 8 FEBREIRO | 20.00 | PAZO DA CULTURA

‘Iribarne’ de Butaca Zero

Iribarne é unha investigación escénica sobre unha desas figuras absolutamente imprescindibles do noso pasado recente. Un intento (irreverente) por comprender como chegamos até aquí da man dun político que, nas súas propias palabras, dicía as verdades sen condón. Pero ollo: por máis que o poida parecer, isto NON é un biopic sobre Manuel Fraga. Teríanos encantado facelo… pero non collía nunha soa obra!

  • Texto orixinal: Esther F. Carrodeguas
  • Dirección: Xabier Castiñeira
  • Elenco: Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge de Arcos e Esther F. Carrodeguas
  • Duración: 180´ (Haberá un descanso de 15´)

XOVES 22 FEBREIRO | 21.00 | TEATRO PRINCIPAL

‘Unha inimiga do pobo’ de Talía Teatro

Helena é unha prestixiosa doutora que regresa á vila natal para comezar de novo. Embarazada de sete meses, afronta o seu estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.

  • Texto orixinal: Henrik Ibsen
  • Dirección: Tito Asorey
  • Elenco: Marta Lado Dani Trillo, María Ordóñez, Toño Casais, Rubén Prieto, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo
  • Duración: 90´

MARTES 27 FEBREIRO | 21.00 | TEATRO PRINCIPAL

‘As Alumnas’ de Culturactiva

A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas -especialmente das mulleres- centra esta obra. As dúas personaxes representan casos concretos de mulleres na época anterior e posterior á Guerra Civil, así como as transformacións sociais do momento. A peza achégase á figura da pedagoga galega María Barbeito, e visibiliza como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado.

  • Texto orixinal: Paula Carballeira
  • Premio Nacional de Literatura Dramática 2023
  • Premio Follas Novas 2023 á mellor obra de teatro
  • Premio Luisa Villalta a proxectos pola igualdade
  • Dirección: Fina Calleja
  • Elenco: Anabell Gago e Mónica Camaño
  • Duración: 75´

XOVES 21 MARZO | 21.00 | TEATRO PRINCIPAL

‘O auto do Castromil’ de Producións Teatrais Excéntricas

Unha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, na que aparece un pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebélase de novo. O auto de Castromil é unha viaxe chea de humor e espíritu antroidesco en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita con anacos das obras de Manuel María: “A rebelión dos baús”, “O Auto dos semulados da Caravilla”, “Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e o “Entremés da OTAN”.

  • Espectáculo gañador do III Concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel María
  • Dirección e dramaturxia: Quico Cadaval
  • Elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez
  • Duración: 70´

XOVES 11 ABRIL | 21.00 | TEATRO PRINCIPAL

‘Helen Keller, a muller marabilla?’ de Grupo Chévere

Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para o grupo, chamada Helen Keller, que se convirte nunha celebridade ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario (1904). Pero ao investigar vanse descubrindo outras facetas desconcertantes da súa figura que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición para eliminala da historia…

  • Idea orixinal: Chusa Pérez
  • Dirección e dramaturxia: Xron
  • Elenco: Ángela Ibáñez, Patricia de Lorenzo e Chusa Pérez
  • Duración: 80´
  • Espectáculo en lingua de signos (LSE) e lingua falada (galego) con textos proxectados en galego

XOVES 18 ABRIL | 21.00 | TEATRO PRINCIPAL

‘Brokeback Sabucedo (paixón entre bestas)’ de Sal do Teatro

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. Roi marchou vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. No seu encontro en Sabucedo xorden outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón. Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.

  • Texto: Santiago Telmo e Carlos Losada
  • Dirección: Rocío Romero
  • Elenco: Borja Salgado e Santiago Telmo
  • Duración: 65´


Hora

Febreiro 8 (Xoves) - Abril 18 (Xoves)

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!