BALA | © Jorge Shoots

Concerto de Bala en Vigo

ven21abr21:00ven23:50Concerto de Bala en VigoPresentación do disco 'Maleza'21:00 - 23:50 Sala Rouge - Vigo

Detalles do Evento

O dúo galego Bala editou o seu último disco ‘Maleza’ o pasado 2021. Hai xustamente un ano os medios especializados sinalaban este disco, o seu directo e á propia banda, como parte do mellor que lle pasaba á escena nacional neste país durante aqueles doce meses.

A rabia, a intensidade e calidade das composicións creadas por Violeta e Anx traspasaron fronteiras desde hai varios anos.

Se as viches en directo, non che caberá dúbida de por que todo o mundo fala de Bala como unha das formacións básicas para entender o underground no noso país. Agora, tras esgotar as entradas en cidades como Madrid ou Santiago, Bala volven actuar na súa Galicia.

Será na Sala Rouge de Vigo e no Praia Club da Coruña, presentando ‘Maleza’, nunha das últimas oportunidades de poder ver á banda en Galicia antes de que entren a gravar o que será o seu próximo álbum.

Entradas anticipadas á venda dende 15 euros en salarouge.com


Hora

(Venres) 21:00 - 23:50

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo

Está pasando!