De Ninghures | Nora Galván

Concerto de De Ninghures en Vilagarcía

mér19ago22:30Concerto de De Ninghures en VilagarcíaFestas de San Roque 202622:30 Parque da Xunqueira - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A aclamada banda, referente do folk galego actual, volve a Vilagarcía polas Festas de San Roque para amosar a súa evolución sonora, con máis experimentación na utilización dos instrumentos, sen perder a esencia e medrando en identidade.

De Ninghures mestura mestría musical e actitude desenfadada que nos fan tanto bailar como emocionarnos coa súa particular fusión da música tradicional galega con ritmos e inspiracións doutras culturas como a latinoamericana ou a magrebí.

Será o mércores 19 de agosto, ás 22:30 horas, no Parque da Xunqueira, con entrada de balde.

Hora

(Mércores) 22:30

Localización

Parque da Xunqueira

Rúa García Caamaño, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!