Concerto de Gala i Ovidio en Pontevedra

sáb25abr21:00Concerto de Gala i Ovidio en PontevedraRaül Refree e Aida Tarrío21:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A plataforma de venda de entradas xestionará automáticamente a devolución do importe.

Gala i Ovidio, o novo proxecto musical que une a Raül Refree, prestixioso músico e produtor e a Aida Tarrío, compoñente do recoñecido grupo Tanxugueiras.

O proxecto rende homenaxe no seu nome aos fillos da escritora galega Rosalía de Castro. En 1871 Rosalía de Castro deu a luz en Lestrove aos xemelgos Gala i Ovidio. Aida e Raül atopáronse en 2021 no Pazo de Mariñán e pronto souberon que debían xuntarse nun proxecto musical.

Catro anos tardaron en darlle forma, entre procuras e gravacións, a Gala i Ovidio, un proxecto que se levou en segredo.

Os dous recoñecidos artistas coñecéronse para interpretar cancións tradicionais de Galicia e inspirados por elas foron atopando novos territorios onde a tradición intúese e os xéneros dilúense. A Raül gústalle dicir que Aida ten ás mulleres galegas dos últimos decenios na súa voz e que este arraigamento permítelles experimentar sen perder a identidade

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!