Concerto 'Poesíacordes' en Pontevedra

mar30xuñ19:00Concerto 'Poesíacordes' en PontevedraFRANCISCO CASTRO E VALERIO ARAÚJO19:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Concerto literario e musical no que o escritor e músico Francisco Castro, acompañado por Valerio Araújo na percusión, realiza un percorrido apaixonante pola mellor poesía galega musicada desde os anos sesenta ata a actualidade.

O espectáculo, que terá lugar o martes 30 de xuño, ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, combina música en directo, divulgación cultural e participación do público nun formato dinámico, emocionante e próximo.

Ao longo do concerto, o público poderá escoitar versións renovadas e reinterpretadas de poemas e cancións baseadas na obra de autores fundamentais da literatura galega coma Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra ou María do Carmo Kruckenberg, entre outras.

Tamén sonarán composicións propias de Francisco Castro incluídas nos seus discos ‘Agora é tempo’ e ‘Cantos de amor e revolución’.

Entrada de balde ata completar cabida.

Hora

(Martes) 19:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!