David Amor presenta 'Love está en el aire'

ven22out21:00David Amor presenta 'Love está en el aire''Principalmente Outono!'21:00 Teatro Principal da Estrada - A Estrada

Detalles do Evento

‘Love está en el aire’ é o novo espectáculo do cómico e actor David Amor. O pontevedrés coas mans máis grandes fala das súas novas inquedanzas sen deixar de lado unha das súas últimas paixóns: os aeroportos.

David pensaba que non podería escribir un novo show se estaba todo o día vendo a tele… Ou si? E deuse conta de que hai programas de televisión que necesitan ser contados.

Pero o show tamén nace da necesidade. Tras gañar o premio do público de Festival Internacional de Teatro de Villanueva de la Serena, o galardón consistía en volver actuar á seguinte edición cun espectáculo novo. E para iso nace ‘Love está en el aire’.

80 minutos onde percorrerás toda a grella televisiva sen tocar o mando, pero tamén descubrirás por que a xente pasa sede nun aeroporto ou por que David nunca poderá ser Rafa Nadal.

Prezo: 6,00 €. Retirada anticipada no departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir do 11 de outubro ou en Ataquilla.com


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Principal da Estrada

Rúa Serafín Pazo, 36680 A Estrada, Pontevedra

Está pasando!