Fraga de Catasós | Deputación de Pontevedra

'Descubre Moaña no verán': Sendeiro da Fraga de Moaña

dom04set10:30'Descubre Moaña no verán': Sendeiro da Fraga de MoañaRutas guiadas gratuítas por moaña10:30 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

O río da Fraga, un dos máximos expoñentes naturais de Moaña, foi un dos fíos vertebradores da vida cotiá dos nosos antepasados. Un entorno natural espectacular serviranos nesta ruta como marco para explicar a importancia que os ríos en xeral teñen tanto a nivel natural como paisaxístico e humano.

Un río é moito máis que un curso de auga, é o eixo de todo un ecosistema do que os humanos tamén formamos parte. As súas augas serviron para regar os cultivos e, sobre todo, para mover a principal industria de Galicia ata non hai tanto: os muíños.

Nesta ruta viaxaremos pois, río arriba, desde o presente urbano e agrícola ao pasado natural que lle dá nome ao río, a fraga, o bosque autóctono que aínda podemos contemplar neste espazo tan singular.

Descubre Moaña no verán

Neste programa de rutas, organizado por A Illa dos Ratos en colaboración co Concello de Moaña, os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña.

As rutas que se levarán a cabo serán ‘A Moaña mariñeira’, ‘Canteiras do litoral de Moaña’, ‘San Martiño’, ‘Sendeiro da Fraga’, ‘Sendeiro de Rialdarca’, ‘Intermareal de Tirán’, e ‘Literaria – O último barco’ e a gran novidade desta tempada,“A Poza da Moura de Domaio“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

(Domingo) 10:30

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!