'Dulcinea', con Paloma San Basilio en Pontevedra

ven11dec20:30'Dulcinea', con Paloma San Basilio en Pontevedra Tempada Teatro Afundación Pontevedra20:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

A Tempada de Teatro de Afundación en Pontevedra pecharase o venres 11 de decembro coa representación de ‘Dulcinea’, escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio.

A recoñecida intérprete Paloma San Basilio, acompañada ao piano por Julio Awad, encarna o célebre personaxe da literatura cervantina para propoñer unha reflexión chea de ironía, tenrura e lucidez sobre a vixencia dos ideais e a ética na sociedade contemporánea.

«Paloma San Basilio dá vida a este personaxe tan emblemático da literatura universal».

Ser a muller perfecta, un modelo de educación e o deleite, a dama e a señora do máis famoso cabaleiro andante da historia é un peso que Dulcinea xa non quere seguir soportando.

Nun mundo onde os ideais teñen cada vez menos cabida, onde a ética cedeu o paso á estética e a moral á corrupción, non ten sentido seguir defendendo soños imposibles. Ou quizais si? Necesitamos, máis ca nunca, a Dulcinea? Quizais ela, con humor, con dor, con ironía e cunha absoluta sinceridade, sexa a única capaz de darnos esa resposta.

85 min | castelán | TP

Entradas anticipadas á venda dende 23,76 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 20:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!