Paloma San Basilio en ‘Dulcinea’ | Javier Nadal

'Dulcinea', con Paloma San Basilio en Vigo

xov10dec20:30'Dulcinea', con Paloma San Basilio en Vigo Tempada Teatro Afundación Vigo20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

A Tempada de Teatro de Afundación en Vigo pecharase o xoves 10 de decembro coa representación de ‘Dulcinea’, escrita e dirixida por Juan Carlos Rubio.

A recoñecida intérprete Paloma San Basilio, acompañada ao piano por Julio Awad, encarna o célebre personaxe da literatura cervantina para propoñer unha reflexión chea de ironía, tenrura e lucidez sobre a vixencia dos ideais e a ética na sociedade contemporánea.

«Paloma San Basilio dá vida a este personaxe tan emblemático da literatura universal».

Ser a muller perfecta, un modelo de educación e o deleite, a dama e a señora do máis famoso cabaleiro andante da historia é un peso que Dulcinea xa non quere seguir soportando.

Nun mundo onde os ideais teñen cada vez menos cabida, onde a ética cedeu o paso á estética e a moral á corrupción, non ten sentido seguir defendendo soños imposibles. Ou quizais si? Necesitamos, máis ca nunca, a Dulcinea? Quizais ela, con humor, con dor, con ironía e cunha absoluta sinceridade, sexa a única capaz de darnos esa resposta.

85 min | castelán | TP

Entradas anticipadas á venda dende 17,80 euros en Ataquilla.com

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!