'El Impulso de Eros' de Sergio Portela en Vigo

mér03mai(mai 3)00:00xov27xul(xul 27)23:59'El Impulso de Eros' de Sergio Portela en Vigoexposición de escultura(maio 3) 00:00 - (xullo 27) 23:59 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Sergio Portela xa é un nome fixo no Auditorio Mar de Vigo. Dúas das súas obras dan a benvida ao Pazo de Congresos, mirando á Ría desde o seu vestíbulo e ademais, teñen nome propia, rostro e corpo de dous vigueses que pousaron para o artista durante máis dun ano: Paula Rodríguez e Damián Carballás.

Agora, tras meses de traballo, Sergio Portela bríndanos coa súa perspectiva persoal e íntima da sexualidade e a sensualidade coa exposición ‘El Impulso de Eros’, onde destaca como unha das súas principais obras, a estatua dunha muller embarazada e que o artista convida a contemplar o erótico sen ningún tipo de tabú e baixo o prisma da calma e a reflexión. Ademais das esculturas, expoñerase tamén unha maqueta dunha proposta urbanística para a Praza de España en Vigo.

Ditas obras están elaboradas con todo tipo de materiais: bronce, gesso, madeira e mármore. Destaca, por exemplo, un dos mármores empregados na obra “Ángel Durmiente. Solsticio de Invierno”,” e que levou ao artista a percorrer 4000 km para localizalo en Almería e que ao ser tan fráxil como o cristal require dunha paciencia e técnica únicas para ser traballado. O artista fala de que para el é un misterio a orixe das ideas, mencionando a fluidez do estilo Taoista no que se refire a fluír.

A exposición, que poderá visitarse ata o 27 de xullo, inaugurarase o mércores 3 de maio ás 20.00 horas no hall do Mar de Vigo e contará cunha das figuras míticas da actuación galega, Maika Augado, quen se encargará de realizar un prólogo da obra, e do artista Juanma LoDo, quen pechará a presentación cunha intervención multimedia. A pedimento do artista, a exposición estará situada no hall do recinto da cidade olívica para o deleite de todos os que visiten o Auditorio.


Hora

Maio 3 (Mércores) 00:00 - Xullo 27 (Xoves) 23:59

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!