'El Mago de Oz', un musical marabilloso en Pontevedra

dom07abr12:30'El Mago de Oz', un musical marabilloso en PontevedraDirixido por Clara Camín12:30 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

Un gran espectáculo dirixido por Clara Camín, coas cancións da película en español e os mellores efectos especiais, de fume, visuais e lumínicos.

Un día, Dorothy é arrastrada por un ciclón cara ao fantástico mundo de Oz, onde comeza a súa viaxe a Ciudad Esmeralda en busca do Mago de Oz, que lle axudará a regresar á súa casa en Kansas.

Mentres, polo camiño coñecerá a incribles personaxes como o Espantallo sen cerebro, o Home de Lata sen corazón e o León covarde. Xuntos emprenderán un sen fin de aventuras, mentres fan fronte á malvada Bruxa do Oeste.

Contada por curiosos personaxes que bailan, cantan e interpretan rodeados de atractivos decorados e cuidadísimos vestiarios, acompañados de elementos de luz LED.

Un entrañable musical que emociona ás familias, coas cancións orixinais da película adaptadas ao español e voces en rigoroso directo.

“Segue o camiño de baldosas amarelas…”

Entradas anticipadas á venda dende 14 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!