‘Enredada’ de Leti da Taberna | Culturactiva

'Enredada', de Leti da Taberna en Ribadumia

dom22nov19:00'Enredada', de Leti da Taberna en Ribadumia‘Nin unha máis, nin unha menos’19:00 Auditorio Municipal de Ribadumia - Ribadumia

Detalles do Evento

O domingo 22 de novembro, o Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá ás 19:00 horas o monólogo ‘Enredada’.

Leticia Miraz, máis coñecida como Leti da Taberna, trae o seu primeiro monólogo no que explora en ton irónico a nosa relación coas redes sociais e como nos inflúen no noso día a día.

En galego e con perspectiva feminista, ‘Enredada’ enche o escenario de luz e enerxía, provocando que a espectadora se vexa identificada coas situacións que se presentan e acabe ríndose de si mesma. 

Este espectáculo forma parte do programa organizado polo Concello de Ribadumia, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio Municipal de Ribadumia

Rúa Párroco Valiñas, 16, 36636 Ribadumia

Está pasando!