'Escola Feminista da Mocidade'

sáb09outConsultarsáb18dec'Escola Feminista da Mocidade'Actividades do 2º semestre 2021(Consultar) Casa Azul - Pontevedra

Detalles do Evento

A ‘Escola Feminista da Mocidade’ é un espazo activo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectiva feminista para a promoción da igualdade e a prevención das violencias machistas.

Nesta segunda volta, a Concellaría de Xuventude de Pontevedra oferta seis actividades, todas elas na Casa Azul. Das seis actividades, catro entrarán dentro da categoría de Obradoiros Teórico-Creativos, unha na de Novas Masculinidades Disidentes e, a última, no Círculo de Mimos.

Hai un total de 111 prazas, sendo algúns obradoiros mixtos, outros exclusivos de mulleres, e outros exclusivos de homes.

Neles atopamos diversas temáticas e propostas, como storytelling, fotopoesía ou formación en novas masculinidades, por exemplo.


‘CORPOESCRITURA: STORYTELLING’

Texto e narración creativa para superar a CULPA.

  • Prazas: 15 (mixto)
  • Idades: a partir dos 15 anos
  • Modalidade:  presencial
  • Duración: 6 horas
  • Data: sábado 9 outubro
  • Horario: 11:00-14:00 e 16:00-19:00

‘FOTOPOESÍA PARA O EMPODERAMENTO’

Recursos emocionais para a autoestima e o empoderamento

Creación artística, fotográfica e escrita

Exposición final cos traballos realizados

  • Prazas: 15 (non mixto, só mulleres)
  • Idades: a partir dos 15 anos
  • Modalidade: presencial
  • Duración: 8 horas
  • Datas: 23 outubro
  • Horario: 10:00-14:00 e 16:00-20:00

‘VIOLADA CON AMOR’

Outras violencias sexuais no marco da parella.

Como detectalas, estratexias de límite e autocoidado.

Storytelling en “achegas” e no Instagram

  • Prazas: 20 (non mixto, só mulleres)
  • Idades:a partir dos 18 anos
  • Modalidade: presencial
  • Duración: 9 horas
  • Data: sábado 20 de novembro
  • Horario: 10:00-15:00 e 16:00-20:00

‘CONSUMO DO CORPO: A SOBREEXPLOTACIÓN SEXUALIZADA DO CORPO NOS MEDIOS’

Análise da hipersexualización da infancia e do corpo.

Creación de collages e textos.

Exposición ou Fanzine e obradoiro con MuchaChicha (roupa interior irreverente e ecofememinismo)

  • Prazas: 13 (mixto)
  • Idades: a partir dos 15 anos
  • Modalidade:  presencial
  • Duración: 6 horas
  • Data: sábados 11 e 18 decembro
  • Horario 11 decembro: 11:00-14:00 e 16:00-19:00
  • Horario 18 decembro: 11:00-14:00

‘NOVAS MASCULINIDADES E COMO COMBATER O ARGUMENTARIO MACHISTA’

Espazo para orientar, informar e apoiar na creación de  novas masculinidades.

Como combater oargumentario machista: ferramentas de resposta dende a seriedade e o humor.

Estratexias de comunicación e diálogo, conceptos teóricos feministas.

  • Prazas: 20 (non mixto, só homes)
  • Idades: a partir dos 15 anos
  • Modalidade: presencial
  • Duración: 6 horas
  • Datas: sábado 13 novembro
  • Horario: 10:00-13:00 e 16:00-19:00

‘CÍRCULO DE MIMOS’

Espazo de encontro para xestión emocional e autocoidado, con dúas facilitadoras.  Terá lugar un luns ao mes e con  posibilidade de seguimento emocional telefónico. Ven a compartir.

  • Prazas: 15 (mixto)
  • Idades: a partir dos 17 anos
  • Modalidade: presencial
  • Data: 18 outubro
  • Horario: 18:00-20:00

Todo aquel que queira formalizar a súa inscrición pode facelo xa a través da web oficial https://apuntate.pontevedra.gal/ (os residentes pontevedreses terán preferencia, mais o Concello de Pontevedra anima a inscribirse a todo aquel que lle interese, perante a posibilidade de quedar prazas libres).

Programación suxeita á evolución da pandemia COVID-19. As actividades poderán sufrir modificacións/cancelación debido á situación sanitaria actual.

+info. na Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra (luns a venres de 09:00 a 14:00 horas). Casa da Luz, Praza da Verdura s/n, 1º andar Pontevedra , teléfono 986 840 367 – xuventude@pontevedra.gal

Atención presencial con cita previa.

Hora

Outubro 9 (Sábado) - Decembro 18 (Sábado)

Localización

Casa Azul

Rúa Sor Lucía, 4, 36002 Pontevedra

Está pasando!