Experiencia inmersiva 'Hábitats. Natureza estendida', en Vigo

xov12novConsultarsáb13marExperiencia inmersiva 'Hábitats. Natureza estendida', en VigoUnha aventura inmersiva na biodiversidade(Consultar) Sede Afundación Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Do 12 de novembro de 2026 ao 13 de marzo de 2027, a Sede Afundación Vigo acolle a experiencia inmersiva ‘Hábitats. Natureza estendida’.

Este proxecto, coorganizado por Afundación e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, e desenvolvido polo estudio galego Maxina, é unha experiencia inmersiva de realidade mixta que percorre a diversidade dos ecosistemas do planeta.

A través de oito destinos nos cinco continentes (do deserto de Sonora á Gran Barreira de Coral australiana ou do mar de Weddell na Antártida á cova de Ceza no Courel), ‘Hábitats’ convida a observar de preto elefantes, osos, tartarugas, baleas, axolotes e moitas outras especies nas súas propias contornas.

As tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada permitiranche interactuar cos espazos, animais e plantas cun gran nivel de detalle.

Cada sesión dura aproximadamente 30 minutos e ten unha capacidade de que poden experimentala simultaneamente.

As entradas están á venda a través de Ataquilla e na sede de Afundación en Vigo. Prezo: 3,50 euros (gastos de xestión incluídos).

Hora

Novembro 12 (Xoves) - Marzo 13 (Sábado)

Localización

Sede Afundación Vigo

Policarpo Sanz, 24 - 26 36202 Vigo

Está pasando!