Exposición 'Chema Madoz. A natureza das cousas' en Vigo

xov10setConsultarsáb23xanExposición 'Chema Madoz. A natureza das cousas' en Vigoun dos creadores máis destacados da fotografía española contemporánea(Consultar) Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

‘Chema Madoz. A natureza das cousas’ chega ao Teatro Afundación Vigo cunha selección de obras que nunca son o que parecen grazas ao xogo imaxinativo do fotógrafo.

Alleo ás clasificacións habituais, Chema Madoz subverte as regras da natureza deixando deambular a súa imaxinación. Desprega a súa fantasía e funde os reinos animal, vexetal e mineral, dando lugar a un reino propio no que transforma follas, ramas, nubes, madeiras, plantas, flores ou pedras para ofrecer as combinacións máis inesperadas.

Madoz (Madrid, 1958) é un dos creadores máis destacados da fotografía española contemporánea. El defínese ás veces, en entrevistas, como un «fotógrafo surrealista en branco e negro».

Exposición comisariada por Olivia Rubio e coorganizada con La Fábrica.

Visitable do 10 de setembro de 2026 ao 23 de xaneiro de 2027, de luns a venres, de 17.30 a 20.30 h. Sábados, de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h. Domingo e festivos, pechado.

Hora

Setembro 10 (Xoves) - Xaneiro 23 (Sábado)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!