Exposición 'Mulleres artistas. Debuxando un futuro en igualdade' en Marín

mér26marConsultarmér30abrExposición 'Mulleres artistas. Debuxando un futuro en igualdade' en Marín retratos de concha mayordomo(Consultar) Museo Manuel Torres - Marín

Detalles do Evento

O Museo Municipal Manuel Torres acolle a exposición ‘Mulleres artistas. Debuxando un futuro en igualdade’, de Concha Mayordomo.

Comisariada por Yolanda Herranz Pascual a exposición propón unha selección de retratos de mulleres artistas feministas galegas, nacionais e internacionais, relacionadas con críticas e teóricas feministas españolas.

As creadoras son as grandes esquecidas na Historia da arte; apenas foron recoñecidas algunhas delas, a pesar de que as súas creacións estiveron presentes desde a Prehistoria. As artistas mulleres foron invisibilizadas e sistematicamente borradas da Historia. De aí a importancia que adquire a investigación e o traballo das teóricas, comisarias e críticas feministas.



A creación e a teoría artística implican análise, reflexión e posicionamento ético. Desde esta formulación, a exposición articúlase a través de una serie retratos realizados a lapis e a tinta, en forma de “apuntamento rápido”.

Os debuxos levan incluído un código QR que conecta con cada unha das breves biografías que a artista Concha Moyordomo inclúe no seu blog `Mujeres en el arte´. Un proxecto no que leva traballando desde o ano 2011 e que, na actualidade, contén máis de 1.100 entradas.

Esta exposición, proponse, ademais, como reivindicación da visibilidade das mulleres no mundo da arte.

Aberta ao público do 26 de marzo ao 30 de abril de 2025. Horario: luns, de 11:00 a 14:00 horas; martes a venres, de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 h; sábados, de 11:00 a 14:00 h. Domingos, pechado.

Hora

Marzo 26 (Mércores) - Abril 30 (Mércores)

Localización

Museo Manuel Torres

Avda. de Ourense, s/n 36900 Marín

Está pasando!