This is a repeating event

Festival Revenidas 2026 en Vilaxoán

sáb12setConsultarFestival Revenidas 2026 en Vilaxoán11, 12 e 13 de setembro de 2026(Consultar: sábado) Vilaxoán de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O festival Revenidas, que se celebrará do 10 ao 13 de setembro de 2026, volverá converter o Porto de Vilaxoán no epicentro da música alternativa e a cultura galega.

Durante catro días, o festival que ofrece unha experiencia única que combina gastronomía, circo, actividades para toda a familia e concertos con propostas musicais de xéneros que van desde o punk e o ska ata a música tradicional galega.

O festival arrincará o xoves 10 coa presenza de Narco, Sara Hebe, De Ninghures, Sons of Aguirre & Scila, Nadie González, Süne, El Pony Pisador, Yaya Dj e A Duendeneta.

O venres 11 será a quenda de Evaristo, Bob Vylan, Dakidarría, Ilan Amores, La Sra.Tomasa, Matah, Terrae, The Salsa Punk Orkestra, Arrhythmia e A Duendeneta.

A terceira xornada do festival, a do sábado 12 reunirá a La Gossa Sorda, El Drogas, Fillas De Cassandra, The Rapanst, Taqbir, Rebeliom do Inframundo, Kumbia Queers, Malifeta, 9Louro, Awakate, Maloa Brothers, Queen Rendi, Tapa De Orella e A Duendeneta.

O Revenidas pecharase o domingo 13 coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, De Vacas e Lisdexia.

Entradas e abonos á venda en revenidas.com

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Vilaxoán de Arousa

Vilaxoán de Arousa, Vilagarcía de Arousa

Está pasando!