I Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional de Lalín

mér03abr09:30mér14:30I Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional de LalínAuditorio Municipal de Lalín09:30 - 14:30 Concello de Lalín - Lalín

Detalles do Evento

O Auditorio Municipal de Lalín converterase o mércores, 3 de abril, en punto informativo de referencia sobre a orientación universitaria e a Formación Profesional acollendo a primeira Feira sectorial destas características que se desenvolve en Lalín.

Unha Feira na que se ofrecerá orientación e asesoramento aos estudantes de cara á elección do seu itinerario formativo, tan necesaria para guiar o seu futuro académico e, consecuentemente, profesional.


Presentación da I Feira de Orientación Universitaria e Formación Profesional de Lalín | © Concello de Lalín

Segundo explicou a concelleira de Educación, Begoña Blanco, a feira terá carácter experimental e veremos que se pode mellorar de cara a vindeiras edicións. Pero é importante poder contar con postos informativos de preto dunha vintena de centros universitarios e de FP de toda España que recibirán durante esa xornada a visita de centros escolares lalinenses e da comarca. Cremos que é unha boa iniciativa pola axuda que pode brindar aos estudantes nun momento clave como é o de tomar a decisión de que estudos ao remate da ensinanza obrigatoria.

Na presentación da Feira interviron a concelleira de Educación, Begoña Blanco; a delegada do Reitor da USC para Asuntos de Ensino Medio, Maite Flores; o coordinador de Desarrollo Corporativo da Universidad Intercontinental de la Empresa, Andrés Armada e Ana Mª Gulías Troitiño, do departamento de Orientación do IES Laxeiro.



POSTOS INFORMATIVOS:

  1. Centro Superior de Hostelería de Galicia
  2. Universidad Intercontinental de la Empresa
  3. Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital
  4. Universidad Europea de Madrid
  5. Universidad de Santiago de Compostela
  6. Centro de Estudios Universitarios de Galicia
  7. AFN Escuela de Pilotos de Aviación
  8. Universidad de Navarra
  9. Universidade de Vigo
  10. Universidad Nebrija
  11. Escuela Superior Marcelo Macías
  12. Fuerzas Armadas
  13. Universidade de A Coruña
  14. Formación Profesional da Xunta
  15. Escola de Canteiros de Poio
  16. Escola de Relacións Laborais de A Coruña
  17. Universidad CEU San Pablo
  18. Centro de Formación Profesional IES Laxeiro de Lalín
  19. Centro de Formación Profesional e Promoción Rural Efa Piñeiral de Arzúa
  20. UNED Pontevedra
  21. CESUGA Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia
  22. Lego´s Segurity Play

HORARIOS DE VISITAS DOS CENTROS:

  • 09:30h. IES Aller Ulloa de Lalín
  • 10:00h. Scientia Lalín
  • 10:30h. IES Laxeiro de Lalín
  • 11:00h. IES Monterroso
  • 11:30h. IES N.º 1 do Carballiño
  • 12:00h. IES Garcia Barros de A Estrada
  • 12:30h. IES Lama Quendas de Chantada
  • 13:00h. IES Melide
  • 13:30 h. IES Camballón de Vila de Cruces
  • 14:00 h. IES Pintor Colmeiro de Silleda

Hora

(Mércores) 09:30 - 14:30

Localización

Concello de Lalín

Está pasando!