This is a repeating event

LXV Festa do Viño do Condado do Tea

ven23agoConsultarLXV Festa do Viño do Condado do Tea23, 24 e 25 de agosto de 2024(Consultar: venres) Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Os días 23, 24 e 25 de agosto Salvaterra de Miño celebra a LXV edición da Festa do Viño do Condado do Tea cunha programación que pon en valor os seus viños, a súa música e gastronomía.

A festa Declarada de Interese Turístico de Galicia cumpre anos con importantes novidades debido á gran afluencia de público das últimas edicións. Este ano o recinto ampliase a toda a Muralla contando con espazo de mesas tamén na Praza do Castelo. Alí ubicarase un segundo escenario que xunto o xa habitual no recinto amurallado albergará os concertos das noites gastronómicas e dos grupos folclóricos. Este ano forman parte do cartel da festa Luar na Lubre, De Vacas, Roi Casal, Momboi, Club Naval, D’Crooners, Somoza Trío, Black Lovers e Lenha Verde.

A Festa do Viño do Condado do Tea, a segunda máis antiga de Galicia, manifesta tamén un incremento de adegas, con preto de 30, máis de 100 referencias de viños, un récord para o evento, e máis postos de comidas que darán servizo as mesas ubicadas no novo espazo. Todo para acoller comodamente ós visitantes e veciños e veciñas que cada ano acuden a festa, xa consolidada como unha das citas importantes e imprescindibles do verán.


Festa do Viño do Condado do Tea | © Concello de Salvaterra de Miño

Nesta edición o pregoeiro será o actor, cómico, presentador e reporteiro Sergio Pazos que dará lectura ó pregón o domingo ás 13:00 horas no recinto amurallado, será despois do acto que dará a coñecer ós viños deliciosos do ano e a actuación dos grupos folclóricos e bandas de gaitas de Salvaterra de Miño. Previamente terá lugar o XXX Gran Capítulo da Cofradía do Viño Condado do Tea e Espumosos onde se nomeará como novos cofrades a Vanesa González Martínez, Alba González Castro, Ricardo Briz de Labra, Miguel Ángel Alonso Fernández, Miguel Pérez Barros e o pregoeiro como Cofrade de Honra.

A inauguración da festa terá lugar o venres 23 ás 20:00 horas no recinto da muralla pero as actividades comezarán esa mesma semana coas catas comentadas nas que as diferentes adegas participantes ofrecerán degustacións dos seus viños de maneira gratuita, e que serán dende o 19 ata o 23 de agosto na Casa do Viño.

Este ano ademais volve o Túnel do Viño pero con cambio de datas. O venres 23 e sábado 24 en horario de mañá e tarde o público poderá degustar tódolos viños da subzona do Condado do Tea cun prezo de só 15 euros.

As inscricións tanto para as catas como o túnel deberán realizarse a través do teléfono 617 148 866 ou ben no correo electrónico museocienciavino@concellodesalvaterra.org.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño

Praza a Constitución, 1, 36450 Salvaterra de Miño

Está pasando!