Mayumana no Mar de Vigo

dom18set20:00Mayumana no Mar de Vigociclo xacobeo vigo20:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Desde o seu inicio en 1996, Mayumana dedicouse con paixón e enerxía á creación de arte e á arte de crear paixón e enerxía. Os instrumentos principais para crear esta mestura de Arte, Enerxía e Alegría son o ritmo e a coordinación. O ritmo é a linguaxe universal que sincroniza os nosos latexados. En Mayumana isto é a base para a expresión da música, da danza e do humor.

Cada espectáculo que crea Mayumana permite ao público poder “visualizar a música”. Ademais, a forza de cada produción de Mayumana provén dun enfoque moi preciso na unidade e a sincronización de grupo. Saliéntase e celébrase o talento de todos e cada un dos membros da compañía. A alegría de Mayumana esténdese máis aló do escenario; grazas ás súas interaccións directas co público anímao a participar chegando a crear vínculos con espectadores de todas as idades.

Ata o de agora Mayumana produciu os seguintes espectáculos: Be; Momentum; Bejuntos; Malabi; Rumba! e Currents. Mayumana ha tamén colaborado con artistas de todo o mundo cales Bobby McFerrin, David Broza, Mati Caspi, Estopa, Infected Mushroom e Testo. Actualmente a Dirección Artística da compañía é de Boaz e Gari Berman.

Mayumana actuou en máis de 40 países para máis de 15 millóns de espectadores en todo o mundo – dos cales máis de 1,5 millóns só en España.

En Currents queremos explorar o potencial da fusión de ritmo, movemento e música. A mestura de elementos diferentes crea un enfrontamento eléctrico que é a base da experiencia audiovisual de Currents.

Se se observa con máis detemento, tamén se verá unha estética e sensibilidade diferente en cada un dos artistas que están encima do escenario.

En Mayumana formamos aos nosos performers paralelamente en danza e en percusión corporal. Algúns chegan sendo bailaríns e ensinámoslles a tocar, outros chegan sendo músicos e a eles ensinámoslles a bailar. Isto é fundamental xa que noso lema é “visualizar a música”. Esforzámonos para que o público vexa a música e senta o movemento. E para que isto suceda, pedimos a cada membro da nosa compañía que se desenvolva a nivel multidisciplinario, para que, efectivamente, poidas ter a flexibilidade e a coordinación de moverse a través de diferentes contornas estéticas.

No show hai vídeos multimediales que ofrecen perspectivas diferentes ao público, sendo á vez instrumento para amplificar a acción e para contrastar a historia no escenario. Non se trata só dunha dimensión máis. O vídeo – que segue constantemente durante toda a actuación – engade un significado máis ao espectáculo.

A visión de Mayumana inclúe enriquecemento cultural e a participación das novas xeracións. Nos seus 20 anos, a compañía actuou para miles de estudantes de todo o mundo. Con Currents ofrecemos aos públicos máis novos unha experiencia orixinal e artisticamente diferente grazas á cal poden descubrir o mundo musical e a linguaxe única de Mayumana.

A música e a coreografía son creacións orixinais que reflicten a forma de narrar que utiliza Mayumana no seu estilo totalmente único. Trátase dunha actuación de 80 minutos sen texto na que música, o ritmo e a danza creativa falan por si sós.

Entradas anticipadas á venda desde 28,60 euros en teuticket.com



Ciclo Xacobeo Vigo

Ciclo Xacobeo Vigo traerá á cidade entre os meses de xullo e setembro, a seis artistas e bandas internacionais de máximo nivel que situarán a este recinto no selectivo mapa das xiras internacionais.

As seis actuacións que pasarán polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy’s Drop o 6 de xullo, que estarán por vez primeira en Galicia, o americano e lenda do rock Steve Vai o 17 de xullo, a música sofisticada do bretón Yann Tiersen o 22 de xullo, a mítica banda escocesa Texas o 9 de agosto, a nova revelación internacional cubana Cimafunk 26 de agosto e as espectaculares percusións dos israelíes Mayumaná, que pecharán o ciclo o 18 de setembro.


Hora

(Domingo) 20:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!