This is a repeating event

Nadal Pontevedra 2026

lun04xanConsultarNadal Pontevedra 2026Do 4 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027(Consultar: luns) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra presenta unha programación das festas de Nadal deseñada en colaboracion entre varias concellarías municipais co obxectivo de encher de actividade o espazo público e achegar a celebración a todos os recunchos do municipio.

Os actos comezarán oficialmente o 4 de decembro ás 19:00 horas na praza de España cun espectáculo exclusivo de acendido do alumeado, incluíndo unha sorpresa no propio acto por parte do alcalde e unha gran chocolatada popular.

Entre os principais espazos e novidades destacan:

PRAZA DA FERRARÍA

  • O 4 de decembro abrirá o Poboado de Nadal cun deseño renovado.
  • Ademais, os días 18, 19 e 20 de decembro (ás 19:00 e ás 21:00 horas) proxectarase un espectáculo de videomapping sobre a parede da antiga delegación de Facenda (convento de San Francisco).

PRAZA DO CONCELLO

  • Durante todas as festas contará cunha escorregadoira de xeo, unha pista de xeo e un tren infantil, aos que se poderá acceder cun ticket do comercio local.
  • A escalinata da Casa do Concello acollerá tamén unha das 20 ‘postais de Nadal’ e, a partir do 18 de decembro, o edificio albergará a exposición ‘A maxia do Nadal’, unha recreación da cabalgata de Reis con figuras de Playmobil organizada por Playmogalicia.

PAZO DA CULTURA

  • O auditorio acollerá unha programación musical do 5 de decembro ao 1 de xaneiro con actuacións da Coral Alameda, o CMUS Manuel Quiroga, Carlos Núñez (con entrada), o Cuarteto Gerhard (organizado pola Sociedade Filharmónica), a Banda de Música de Pontevedra, a Banda de Música de Salcedo e a Orquestra Sinfónica de Pontevedra cos seus tradicionais concertos de Nadal e Aninovo.
  • A sala de exposicións acollerá ademais unha mostra co alumnado de Belas Artes.

RECINTO FEIRAL E CENTROS SOCIAIS

  • Xunto aos xogos infantís habituais, o Recinto Feiral sumará este ano un espazo cultural con títeres, teatro, música e maxia, con propostas como Migallas (19 de decembro), Mago Noel (22 de decembro), Peter Punk (27 de decembro), Mago Paco (28 de decembro), Uxía Lambona e a Banda Molona (29 de decembro) ou Pakolas (3 de xaneiro), con acceso tamén mediante ticket do comercio local.
  • Nos centros sociais desenvolverase igualmente unha ampla programación, incluíndo tres actividades entre o 19 de decembro e o 3 de xaneiro.

MERCADO DE ABASTOS

  • As actividades que anteriormente se celebraban na Alameda trasládanse este ano á planta superior do Mercado, un espazo pechado e decorado para a ocasión.
  • Do 4 de decembro ao 3 de xaneiro estrearase Nadal Lab (para crianzas de 0 a 12 anos, con ticket do comercio local), xunto a obradoiros como ‘Plántate no Nadal’ e ‘Cerámica no Nadal’, a visita de Papá Noel (24 de decembro), unha foliada con A Pedreira (día 26) e a festa de Fin de Ano pola mañá para os máis pequenos e desde as 21:00 horas co concerto de Tony Lomba.

ALAMEDA

  • A partir do 17 de decembro acollerá unha exposición fotográfica con imaxes de fotoxornalistas de Pontevedra.

No tramo final da comparecencia, Gómez confirmou que a Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro manterá o seu percorrido habitual. Así mesmo, lembrou que o 31 de decembro terá lugar a tradicional San Silvestre, que este ano cumpre o seu 50 aniversario e contará con novidades que se anunciarán nos vindeiros días.

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!