Proxección de 'Monstro' en Pontevedra

lun23nov16:00lun19:00Proxección de 'Monstro' en PontevedraXVI Máster Class Audiovisual Galego Augal en Pontevedra16:00 - 19:00 Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación - Pontevedra

Detalles do Evento

O XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección do mellor do audiovisual galego, nun ciclo que arranca que se estende ata marzo de 2027.

Promovido pola Facultade de Comunicación co patrocinio de Agadic e da Deputación de Pontevedra, este máster está conformada por oito sesións nas que as proxeccións se ven complementadas por un encontro coas e cos seus responsables.

Ademais de ser un curso formativo no que é posible obter un diploma polo número total de horas cursadas, Augal é un ciclo de proxeccións aberto á cidadanía, sen necesidade de inscrición previa.

Esta décimo sexta edición de Augal bota a andar o luns 2 de novembro coa proxección de ‘La silla’, un thriller dirixido por Ángel de la Cruz.

O luns 9 terá lugar a primeira das dúas sesións dedicadas ás curtametraxes. Esta xornada permitirá coñecer ‘Furancho’, de Maika Braña; o vídeo-ensaio da directora e egresada da facultade Lucía Estévez ‘A lesbiana no audiovisual galego’, recentemente recoñecido nos Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual; e ‘Dos gardenias’, de Juan Hervella-Rego.

A sesión do 16 de novembro permitirá afondar na posprodución, de mans do colorista e egresado da facultade Alfonso Merino, de Alfonsín Digital Lab; para logo deterse no deseño de son con Diego Staub, de Sound Troop, “unha empresa especializada na posprodución de son e foley”, que traballou en proxectos como a nomeada aos Oscar ‘Sirat’, de Óliver Laxe.

O 23 de novembro, esta actividade levará ao campus o director Andrés Goteira, quen presentará a súa segunda longametraxe de ficción, ‘Monstro’.

O luns 30 terá lugar unha nova sesión centrada na dirección de arte e no traballo de localización, ámbitos que serán abordados por Marta Villar e Andrés Rozados, respectivamente.

A programación de Augal neste 2026 pecharase o 14 de decembro con ‘A Canteira da FCom-Augal’, xornada dedicada ás curtametraxes realizadas polo alumnado da facultade. Neste caso, serán dez os proxectos que optarán ao premio da mellor curta do pasado curso.

Tres sesións máis en 2027

Xa o vindeiro ano, a programación retomarase o 24 de febreiro con outra sesión de curtametraxes, na que poderán verse ‘As maos da pulpeira’, de Silvia Cachafeiro; ‘Química’, de Alberto Senín, e ‘Cara de cona’, de Guillermo de Oliveira, “unha das curtas máis premiadas do audiovisual galego” nos últimos meses, que forma parte da preselección previa ás candidaturas dos Goya.

O 11 de marzo, Cecilia Bretz presentará ‘Hoxe e o resto do mundo’, documental que permitirá achegar o alumnado á traxectoria de Isaac Díaz Pardo e Sargadelos.

Finalmente, Augal dedicará a súa sesión de clausura, o 25 de marzo, á longametraxe ‘As augas’, estreada nos últimos na Semana Internacional de Cine de Valladolid, que será presentada pola súa directora, Ledicia Sola, e pola produtora e exalumna da facultade Raquel Gestido.

Hora

(Luns) 16:00 - 19:00

Localización

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Campus Universitario da Xunqueira, s/n 36005 Pontevedra

Está pasando!