Proxección de 'Nomadland' en Vigo

lun08abr19:00Proxección de 'Nomadland' en VigoCICLO CINE 'MULLERES' 202419:00 Sede Afundación Vigo - Vigo

Detalles do Evento

A Sede Afundación de Vigo acolle o venres 8 de abril, a proxección do filme ‘Nomadland’, de Chloé Zhao, dentro do ciclo de cine ‘Mulleres’.

Unha muller, despois de o perder todo durante a recesión, embarca nunha viaxe cara ao Oeste americano vivindo coma unha nómade nunha caravana. Tras o colapso económico que afectou tamén a súa cidade na zona rural de Nevada, Fern colle a súa camioneta e ponse en marcha para explorar unha vida fóra da sociedade convencional, como nómade moderna.

O ciclo de cine ‘Mulleres’ chega ás sedes Afundación de Pontevedra e Vigo cunha escolma de tres filmes protagonizados por mulleres que proxectan as súas ideas, sensacións e as súas problemáticas particulares para xerar un espazo onde observar distintas posturas, recursos, necesidades e discursos en clave de xénero. Elas son a parte relatora e activa destes tres traballos destacados da cinematografía actual, con importantes e numerosos premios no seu haber.

Reserva as túas entradas de balde en Ataquilla.com e colabora co programa solidario ‘Cultura por Alimentos’, unha iniciativa de Afundación en favor da Federación Española de Bancos de Alimentos Locais (FESBAL). Poderás acceder ás proxeccións achegando unha doazón de alimentos non perecedoiros, como conservas, leite, aceite de xirasol ou alimentos infantís, que irán destinados ao Banco de Alimentos local.

A butaca reservarase ata 10 min antes do comezo da proxección.

Hora

(Luns) 19:00

Localización

Sede Afundación Vigo

Policarpo Sanz, 24 - 26 36202 Vigo

Está pasando!