outubro, 2021

01out20:00'Reino da extinción'amorodio teatro20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo, VigoEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Amorío Teatro porá en escena a obra ‘Reino da extinción’, dentro da programación de Vigocultura

  • Autoría e dirección: Laura Porto
  • Axudantía de dirección: Iago Pousa
  • Escenografía, deseño de son e deseño de iluminación: Bea de Vega
  • Construción: Dani Rodríguez
  • Vestiario e música: Amorodio Teatro
  • Elenco artístico: Alba Nogueira, Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco
  • Idioma: Galego
  • Idade recomendada: Público adulto
  • Duración: 60 minutos

A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave á terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos.

Co elemento secreto no seu poder, Centella e Potasio soben á súa nave espacial e despídense das boas xentes, dispoñéndose a despegar, pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase…

Poderán Centella e Potasio regresar ao seu planeta? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado.

Prezo: dende 8,00 €. Entradas anticipadas á venda en giglon.com, na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!