'Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo' na Guarda

xov28xul20:30'Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo' na Guarda'Miúdo Verán' na guarda20:30 Praza do Reló - A Guarda

Detalles do Evento

O xoves día 28 de xullo chega a música a ‘Miúdo Verán’ co concerto de Pakolas ‘Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo’, ás 20:30 horas na Praza do Reló.

En ‘Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo’, Pakolas preséntanos o seu último libro disco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020).

Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.

A asistencia aos eventos de ‘Miúdo Verán’ é de balde ate completar o aforo dispoñible en cada caso, a alternativa no posible caso de choiva comunicarase nos días previos a cada evento.


Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Praza do Reló

Praza do Reló 3678 A Guarda

Está pasando!