Ruta guiada 'A Poza da Moura de Domaio'

dom19mar10:00dom23:50Ruta guiada 'A Poza da Moura de Domaio'Asociación A Illa dos Ratos10:00 - 23:50 Concello de Moaña - Moaña

Detalles do Evento

Un ano máis, e xa van sete, a Asociación de Animación Sociocultural e Turística A Illa dos Ratos volve para propoñernos unha maneira amena e didáctica de coñecer o noso entorno a través das súas rutas guiadas.

Nesta ocasión presentan ‘Descubre Moaña no inverno 2023’, un proxecto de 6 rutas no que volven a colaborar co Concello de Moaña.

Coma sempre estas rutas son totalmente gratuítas pero ao finalizar os percorridos, as/os guías ofrecerán aos asistentes a posibilidade de facer unha colaboración simbólica e voluntaria a favor da nosa asociación que empregaremos para a realización doutros proxectos.

‘A POZA DA MOURA DE DOMAIO’. NA BUSCA DA POZA MÁIS FAMOSA E FERMOSA DO MORRAZO

Partiremos dende o Parque do Souto das Camelias. Alí a Asociación de Mulleres Poza da Moura encárgase do coidado de máis de 100 variedades diferentes de camelias, que dende 2006 son as protagonistas da Exposición das Camelias que se organiza cada ano en Domaio.

Continuaremos o noso camiño subindo á beira do Río da Freixa que coa súa vexetación constitúe bo un exemplo do que sería un bosque de ribeira.

Atoparemos unha gran cantidade de muíños que agora están abandonados e miraremos ao pasado para recordar o seu importante papel no desenvolvemento económico, social e demográfico da zona. Voltaremos ao presente para reflexionar sobre o impacto da construción do Corredor do Morrazo actualmente convertido en Autovía, e da Urbanización Golf Domaio sobre esta fermosa ruta.

Como premio ao noso esforzo chegaremos á mítica Poza da Moura de Domaio que se converteu nos últimos anos nun lugar moi visitado pola súa beleza, encanto e historia.


‘Descubre Moaña no inverno 2023’ incluirá seis rutas que foron moi ben valoradas polos asistentes en anos anteriores.

Neste programa os asistentes terán a oportunidade de descubrir a historia e algúns dos lugares máis interesantes de Moaña.  As rutas que se levarán a cabo nesta ocasión serán:


Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada. 

Os interesados deben inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio haberá un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas, habilitaranse as correspondentes listas de espera que xestionaremos de forma activa.

Este ano dende a páxina de facebook Historias do Morrazo sortearánse libros relacionados cos contidos das rutas.

Na nova páxina de facebook Historias do Morrazo, o seu rato ‘Ratillán’ viaxará cada semana a través do espazo e o tempo para levarnos aos interesantes momentos da nosa historia que aparecen recollidos nos artigos do seu blog.

Entre os seguidores da páxina A Illa dos Ratos fará regularmente unha serie de sorteos de libros que gardan relación co Morrazo. Para que teñades unha idea, o ano pasado xa se sortearon exemplares de ‘Historia Fotográfica de Cangas. Século XX’ (cortesía da A.C. A Cepa), ‘A pedra de ámbar gris’ (Noa Setemuíños), ‘O último barco’ (Domingo Villar, cortesía do Concello de Moaña), ‘As illas dos Deuses’ (Serafín Parcero, cortesía da Editorial Xerais), ou‘Canteiras do litoral de Moaña’ (Tamara Campo Táboas, cortesía de Rinoceronte Editora e o seu selo Morgante).

Hora

(Domingo) 10:00 - 23:50

Localización

Concello de Moaña

Está pasando!