© Concello de Baiona

xuño, 2022

Detalles do Evento

O Concellaría de Turismo de Baiona pon en marcha o safari etolóxico de garranos pensado para dar a coñecer ao garrano, o cabalo salvaxe típico do Monte da Groba.

As persoas participantes desprazaranse ata o monte da Groba e, achegaranse aos grupos de cabalos para estudar a súa historia, as súas características e o seu comportamento na súa contorna natural. Todo iso, explicado por expertos neste tipo de animal.

  • Venres, 15 de abril (apertura prazo inscrición: 1 de abril)
  • Domingo, 8 de maio (apertura prazo inscrición: 25 de abril)
  • Domingo, 5 de xuño (apertura prazo inscrición: 23 de maio)
  • Sábado, 18 de xuño (apertura prazo inscrición: 6 de xuño)

Punto de encontro no exterior da Oficina de Turismo de Baiona, con saída ás 09:00 horas.

Prazas limitadas a 20 persoas (a partir de 6 anos).

Imprescindible inscrición previa, na oficina de turismo, no correo electrónico oficinadeturismo@baiona.gal ou por teléfono no 986 687 067.


Hora

(Domingo) 09:00

Localización

Concello de Baiona

Está pasando!