Cadro anónimo holandés que retrata a Batalla de Rande

XIII Conmemoración da Batalla de Rande en Redondela

sáb10outConsultarXIII Conmemoración da Batalla de Rande en Redondela324º aniversario(Consultar: sábado) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Co obxectivo de espallar a celebración e implicar a toda a cidadanía, a programación da XIII Conmemoración da Batalla de Rande, organizada polo Concello de Redondela e a Asociación Deportiva e Cultural de Rande, arrancará oficialmente o sábado 10 de outubro no propio casco urbano de Redondela.

As rúas da vila acollerán un adianto da festa cun desfile temático e nesa mesma xornada estrearase o concurso ‘O Rosco da Batalla de Rande’ por diferentes espazos da vila. Trátase dunha actividade de carácter lúdico e participativo que animará aos asistentes a poñer a proba os seus coñecementos sobre a contenda naval.

O groso dos festexos regresará ao seu espazo natural no estreito de Rande o sábado 17 de outubro. A programación matinal iniciará ás 12:30 horas coa chegada das embarcacións tradicionais e o recibimento de autoridades, seguido ás 12:45 horas polo desfile da frota ao ritmo do grupo de gaitas ‘Asubíos’.

A mañá completarase coas escenas teatrais ‘O cofre da benvida’ ás 13:00 horas, ‘O bastón de Rande’ e ‘Normas para un bo xantar’ ás 13:30 horas.

Pola tarde, a recreación teatral da contenda collerá ritmo dende as 17:00 horas con ‘A decisión (1ª parte)’ e ‘A descarga’ a las 17:15 horas. O interior do Museo Meirande cobrará protagonismo coas representacións no camarote: ‘A frota queda en Rande’ ás 18:00 horas e ‘A decisión (2ª parte)’ ás 18:15 horas. As últimas pezas do día serán ‘As setecentas’ ás 19:00 horas e ‘O inimigo está na ría’ ás 20:00 horas.

Ás 18.30 horas celebrarase unha charla a cargo do divulgador cultural Xosé Couñago sobre o patrimonio industrial de Rande. Como broche final, ás 20:30 horas celebrarase o concerto de ‘O son do río’ e ás 21:30 horas activarase o agardado espectáculo pirotécnico ‘Arde o mar’ sobre o peirao.

A xornada do domingo 18 de outubro abrirase ás 11:30 horas co desfile da frota e o recibimento musical a cargo do grupo de gaitas ‘Tirapuxa’, que tamén ambientará a escena ‘O cofre da benvida’ ás 11:45 horas.

Unha das novidades chegará ás 12:00 horas co concurso infantil ‘Debuxa a túa batalla de Rande’. Sobre esta iniciativa, a alcaldesa incidiu en que “implicar aos máis pequenos é a mellor garantía de que a nosa historia e as nas tradicións sigan vivas no futuro”.

De xeito simultáneo, ás 12:00 horas e 12:15 horas, reactivaranse as escenas no camarote do Meirande, seguidas de ‘A descarga’ ás 12:40 horas.

O apartado musical do domingo estará liderado polo concerto da ‘Rondalla de Redondela’ ás 13:00 horas. Finalmente, ás 14:00 horas, as pezas de época ‘O bastón de Rande’ e ‘Normas para un bo xantar’ porán o punto e final á décimo terceira edición do evento.

Ambas entidades organizadoras queren estender o seu agradecemento aos veciños e veciñas implicados no desenvolvemento técnico e artístico, e convidan a toda a provincia de Pontevedra e a Galicia enteira a desfrutar desta fin de semana de viaxe no tempo.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!